domingo, 24 de agosto de 2008

Nova Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza e VII Encontro Internacional

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza estrea nova web.

Na Coordenadora Nacional da Marcha decidimos cambiar o deseño e formato da web e unificar toda a información e documentación que íamos deixando en diferentes blogs, polo que desde agora este blog non se vai seguir actualizando.

A información oficial da Marcha, só estará disponíbel na súa páxina web:

http://www.feminismo.info

______

VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Do 14 ao 21 de Outubro de 2008
Vigo - Galiza 2008




___________________________

domingo, 9 de março de 2008

O 8 de Marzo de 2008 na Galiza, segundo algúns medios de comunicación

Galiciae [09.03.2008]
A pesar das restricións imposta polo Goberno. Galicia celebra o Día da Muller, sen manifestacións

Galicia Hoxe [09.03.2008]
"Nin un paso atrás". Miles de mulleres e homes autoinculpáronse onte en xulgados de toda Galiza por abortar fóra da lei · As feministas reformulan os discursos para esquivar a xornada de reflexión

Vieiros [09.03.2008]
Día Internacional da Muller. Un milleiro de persoas autoincúlpanse por abortar ou por apoiar a interrupción. A Marcha Mundial das Mulleres chamou a "estar preparadas" ante calquera acción que poida significar unha perda de dereitos: "Ningún dereito está conseguido de xeito infinito".
8 de marzo Día da Muller Traballadora: unha outra 'xornada de reflexión'

Faro de Vigo [09.03.2008]
´Ni un paso atrás´ en el aborto

Diario de Ferrol [09.03.2008]
O xulgado recolleu 403 autoinculpacións de ter abortado

La Voz de Galicia - Ourense [09.03.2008]
Máis de 200 ourensás autoincúlpanse ante o xuíz por abortar. O colectivo Marcha Mundial dás Mulleres presentou onte 221 denuncias que queren que investigue Fiscalía

La Voz de Galicia - A Coruña [09.03.2008]
A Marcha dás Mulleres fixo unha protesta en plena xornada de reflexión

La Opinión de A Coruña [09.03.2008]
Unos mil gallegos se inculpan el Día de la Mujer para reivindicar el aborto. La concentración coruñesa se realizó sin incidentes pese a la prohibición de manifestaciones. Ciudades de toda España acogieron actos a favor de la interrupción del embarazo.

El País - Galicia - [09.03.2008]
Mil personas se autodenuncian por aborto. Las feministas salen a la calle en las ciudades pese al veto del Gobierno
_____________